Seguros agrarios combinados

Conforme á Lei 87/1978, do 28 de decembro, de Seguros Agrarios Combinados e o seu Regulamento, a Administración Xeral do Estado concederá subvencións ó pagamento das primas ós asegurados que subscriban seguros dos incluídos nos Planos Anuais de Seguros Agrarios Combinados.

As pólizas e tarifas correspondentes a estes seguros unicamente poderán subscribirse a través das entidades integradas no cadro de coaseguro da Agrupación Española de Entidades Aseguradoras do Seguros Agrarios Combinados, S.A.

A Disposición Adicional do Regulamento para aplicación da Lei 87/1978 aprobado por Real Decreto 2329/1979, do 14 de setembro, indica que os Ministerios de Economía e Facenda e Agricultura, Pesca e Alimentación dentro das súas respectivas competencias, quedan facultados para dita-las normas que requira a interpretación e o desenvolvemento do presente Regulamento.

En cumprimento do mandato anterior, por razóns de interese público e segundo o previsto no apartado quinto do Plano de Seguros Agrarios Combinados para o exercicio 2006 aprobado por Acordo do Consello de Ministros do 16 de decembro de 2005, procédese a publica-las condicións especiais e tarifas de aplicación na contratación dos devanditos seguros.