Guía de navegación do Portal Web da DXSFP

Páxina de inicio

A páxina de inicio presenta a organización de contidos, indicando para cada primeiro nivel de contidos (A Dirección Xeral, Comunicacións á DXSFP, Información sobre o sector, etc.), os contidos de segundo nivel máis relevantes ou aos que máis acceden os usuarios do portal, que son enlaces, igual que os contidos de primeiro nivel.

Preséntase ao mesmo tempo, 4 enlaces directos a temas de especial relevancia como son Plans e fondos de pensións, Mediadores e Canais, Financeira e actuarial, e Oficina virtual.

Xunto ás versións en distintos idiomas ofrécese a posibilidade de acceder ao mapa web do sitio, á información de contacto e ao buscador.

Na parte dereita da páxina están situados nunha franxa vertical as noticias destacadas sobre a DXSFP e as campañas institucionais actualmente en vigor.

Estrutura e navegación

As páxinas están organizadas segundo a información que conteñen, seguindo a estrutura de contidos reflectida na páxina de inicio e detallada no mapa web. En cada páxina amósase a posición actual na estrutura de contidos mediante a ruta de navegación (como, por exemplo, Inicio > Dirección Xeral > Estrutura e Funcións), na que os niveis superiores ao actual_ son enlaces que levan á paxina do nivel correspondente. Igualmente, amósase de maneira destacada no menú da parte esquerda a posición de primeiro nivel na que está situada a páxina, e desprégase o menú actual dentro desta categoría.

Emprégase una folla de estilos común para todas as páxinas internas do portal, para que a presentación dos distintos elementos dunha páxina sexa consistente en todo o portal. Desta forma o usuario do portal pode distinguir claramente, por exemplo, os cabezallos dos enlaces, que sempre aparecen subliñados.

Aqueles enlaces que levan ao usuario a una páxina externa ao portal da DXSFPestán indicados como tais, segundo se amosa a seguir:

Igualmente, sinálanse mediante iconos representativos aqueles enlaces a documentos e/ou ficheiros en determinados formatos que se indican a seguir:

A consistencia mantense na elaboración de novos contidos e na modificación dos contidos existentes mediante o uso dunha Guía de Estilo do Portal.

Atallos do teclado

As seguintes combinacións de tecla permiten aos usuarios habituais do portal acceder con maior rapidez aos puntos de maior interese do mesmo:

Accesibilidade

As páxinas do portal da DXSFP foron elaboradas respectando as normas de accesibilidade do WAIdoW3C, co obxectivo de garantir o acceso á información e aos servizos das súas páxinas sen limitación nin restrición ningunha por razón de discapacidade de calquera tipo ou condicionantes debidos ao dispositivo mediante o que se accede ao portal. Concretamente, elaboráronse cumprindo polo menos o nivel 2 de accesibilidadeWAI(AA). Optouse por dotar ás páxinas dunhas características que as fagan acredoras deste nivel, fronte á opción de ofrecer unha versión accesíbel de cada páxina, coa finalidade de ofrecer unha navegación accesíbel ao usuario de forma transparente.

Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

O portal foi analizado utilizando T.A.W. (Test de Accesibilidade Web) pasando os niveis 1 e 2. Unicamente algunhas páxinas específicas, por mor do seu contido, contan con problemas leves para superar o nivel 3. Estase a traballar na adaptación de todas elas.

As páxinas seguen os estándares XHTML 1.0 Transitional e CSS 2, co obxecto de ofrecer un HTML ben construído que poida ser interpretado correctamente por distintos navegadores en distintos dispositivos. Nos enlaces ás escasas páxinas cuxa modificación presenta problemas legais e que fan parte do portal desde unha data anterior á transformación nun portal accesíbel, indícase a transición a unha páxina non accesíbel mediante o icono Enlace a páxina cuxa accesibilidade non foi verificada.

Co fin de lograr a máxima compatibilidade con navegadores e dispositivos e de evitar o uso dunha versión alternativa accesíbel, evitouse o uso de JavaScript para elementos necesarios para a navegación do sitio. Empréganse unicamente para a utilización de elementos visuais que axudan ao usuario no seu recorrido polo portal, pero que non son necesarios para a navegación por este.

Comprobouse a usabilidade do portal en canto á utilización dunha estrutura de contidos clara e de fácil comprensión e en canto ao uso de elementos visuais que sirvan de guías ao usuario na súa navegación polo portal, mediante a realización de tests de usabilidade con usuarios levando a cabo as pescudas de información máis representativas.


De cara á continua mellora do portal, agradecemos as suxestións que nos poidan facer chegar.